Tradutores "clásicos" baseados en regras, corpus e métodos estatísticos
- Tradutor galego/inglés/castelán - Tradutor galego/inglés/castelán do CIXUG (Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia)
- Tradutor Gaio galego/castelán/portugués - Tradutor galego/castelán/portugués, con soporte para vocabulario xeral, administrativo e xurídico de AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galiza) e a Secretaria Xeral de Política Lingüística
- Tradutor Apertium - Tradutor multilingüe con soporte para galego desenvolvido pola Universidade de Alacant en colaboración co Goberno Catalán e o Goberno do Estado Español
- Tradutor Opentrad - Tradutor galego/multilingüe con soporte para documentosde Imaxin software baseado en Apertium
Tradutores baseados en IA's LLM (large language models)
Proxecto ALIA
ALIA é unha iniciativa pioneira na Unión Europea que busca dotar dunha infraestrutura pública de recursos de IA, como modelos lingüísticos abertos e transparentes, para promover o fomento do castelán e das linguas cooficiais -catalán e valenciano, vasco e galego-. no desenvolvemento e implantación da IA no mundo. (Descrición copiada da web do proxecto https://alia.gob.es/gal/ )
O proxecto dispón de diferentes modelos LLM con soporte para 35 idiomas, que permite traducir entre eles; no sitio web https://langtech-bsc.gitbook.io/alia-kit/modelos/modelos-de-traduccion-automatica podemos consultar os ditintos modelos para o seu uso.
Os modelos ALIA non son asistentes interactivos como outras IA's e non dispoñen de interface de usuario lista para conversar.
O seu uso require coñecementos técnicos previos e unha configuración adecuada: é necesario dispoñer dunha tarxeta gráfica potente para executalos en local ou contar cun servidor con capacidade suficiente.
Aínda así, estes modelos destacan por ofrecer un soporte excelente para o galego, facendo posible traballar con precisión nesta lingua, tanto para tarefas de investigación como para desenvolvemento de aplicacións.
Proxecto Nós
O Proxecto Nós é unha iniciativa galega, impulsada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e pola Xunta de Galiza, que desenvolve recursos dixitais, corpus e ferramentas lingüísticas para o galego, garantindo a súa presenza no ámbito dixital e na intelixencia artificial.
Estes recursos serven de base para proxectos máis amplos, como ALIA, a infraestrutura estatal de modelos de linguaxe que inclúe o galego entre as súas linguas soportadas. Grazas ao traballo de Nós, o galego conta cun soporte técnico avanzado en ALIA, permitindo o desenvolvemento de modelos de IA que comprenden e procesan
- Tradutor automático de proposito xeral - Tradutor automático de proposito xeral do proxecto Nós baseado en redes neuronais (fase de probas). Permite adxuntar documentos.